domingo, 22 de enero de 2012

CIRCULARES










Nós mesmos
Exposición itinerante sobre o Asociacionismo Galego
Esta exposición estará nos locais (G) de A Nosa Galiza
ata finais de setembro 2012. A exposición esta aberta a todo o público durante as horas de apertura da Sociedade. gracias por visitarnos.
A Nosa Galiza, agradece ao Consello da Cultura Galega
por facer posible a presencia desta exposición nos nosos locais 
e a visita do seu presidente D. Ramón Villares para a inauguración de Nós mesmos
na XXV festa do San Xoán, coincidindo coas actividades do XLV Aniversario desta Sociedade.
 Visita da exposición, Ramón Villares e Emilia García a dereita -  Suso Baamonde e Xosé Constenla a izquerda
Entrega a Ramón Villares, do gravado de Isaac Pérez Vicente "marca de auga" do XXX Aniversario, pola vicesecretaria xeral, maria Xosé Ferreiro o secratario xeral Manuel Vilariño e a bibliotacaria María García.



viernes, 1 de abril de 2011

XLV Aniversario Da Sociedade







ESTA ACTUACION DE “LUCIA“ NA FESTA DO EMIGRANTE EN -TORDOIA- FOI ANULADA POR FALTA DE
PRE SU POS TO !. Corren tristes tempos. xc













viernes, 4 de junio de 2010

III Encontro Folclórico 2010 Sala Communale de Carouge


Estimados amigos,

Debido a un problema de último minuto aquí encontraredes os detalles correctos do próximo Encontro
do Folclóre Galego en Xenebra.

O programa previsto é o siguiente:

18h15 -18h45 : ACD Tordoya
18h45 - 19h15 : A Roda Lausanne
19h15 - 19h45 : Irmandade Galega Xenebra
19h45 - 20h30 : A Nosa Galiza Xenebra
20h30 - 21h00 :Sementeira de Basilea
21h00 - 22h30: Cena
22h30 - 02h00: MAGHÚA (Gaiteirada "libre" nos intermedios)

En caso de cualquera problema,
non dudedes en poñervos en contacto con nos.

Cada grupo poderá cear gratuitamente ás 21h.

Os acompañantes poderán
tamén cear pagando o precio de CHF 45.- bebidas incluídas.

Grazas por confirmarnos o número de compoñentes do grupo e
de acompañantes que cearán antes do 10 de outubro a anosagaliza@bluewin.ch

Para esa noite tamén alquilamos un "bunker" de 21 plazas por se
algúns de vos quixeran dormir en Xenebra esa noite.

Na etiqueta Xuventude, encontraredes información sobre os outros anos, podedes deixar un comentario, gracias por facer con nosco que estes actos sexan posibles

Saúdos,

A Nosa Galiza


sábado, 6 de febrero de 2010

Actividades09

Esta revista foi editada en 1012 con motivo do 45 Aniversario, no contido intentase transmitir en pequenas pinceladas, un reflexo das edicións anteriores dende 1972. Desta revista fixeronse 53 exemplares, o fondo da portada é unha imaxe dun bloque de xeo da colleita dese inverno.




Editouse unha revista coa relación das actividades do ano 2009, con unha pequena historia de cada actividade que se fai na nosa Sociedade. Por primeira vez fixose un exemplar para os Socios a corrente de pago, si xa pagastes a vosa cuota podedes pasar ó comité para recoller a revista si non o fixestes podedes facelo e o mesmo tempo entregarasevos o voso exemplar, só hai un exemplar por ficha.
Esperamos que vos guste e desexamosvos boa lectura. no apartado Comité deste Blog, encontraredes os estatutos, non olvidedes o Artigo 9. (Cuotas)

Videos


domingo, 13 de diciembre de 2009

Historico Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas






A Nosa Galiza de Xenebra, representa os centros galegos, casas de galicia e sociedades galegas asentadas en Suíza coa Lei da Galeguidade concedida, no Consello das Comunidades Galegas
Neste apartado intentaremos presentar un traballo sobre este Organismo consultivo e pouco comprendido ou coñecido, pero que desenvolve un papel moi importante na Emigración Galega.
Emporiso trataremos de raiz este tema para elo utilizaremos toda a documentación no noso poder e tamén as fontes que nos poidan aportar tódala información precisa para dar un resumo completo para que este Organismo poida ser comprendido por todos e todas.

(Por tratarse dun traballo as correcións iranse facendo segun se avance no tema poren pedimos compreensión da vosa parte, grazas. )

Comision delegaga do Consello das Comunidades Galegas no Esterior

Nos anos sesenta do século XX creouse a Asociación de Centros Galegos no Mundo.

A presidencia de esa asociación levouna a cargo o Centro Galego de Bos-Aires (Arxentina) que é un dos máis antergos hoxe (2010) en actividade e que con máis de 90'000 membros é unha das primeiras asociacións mundial, sin desmerecer o Centro Galego de Montevideo ou a Irmandade Galega en Caracas, sendo esta última a máis activa.

A Nosa Galiza de Xenebra foi a sede da vicepresidencia da asociación mundial dos centros galegos no mundo (casi 300 entidades ao través do mundo), esa asociación mundial parou a suas actividades cando o governo autónomo galego ( da Xunta de Galicia), se constitueu en 1981 ca chegada da autonomía.

A partir dos anos 80 scXX, comezase a traballar co goberno autonomo de Galicia sendo présidente. Xerardo Fernández Albor (Alianza Popular) (1981-1987) *

Presidentes de Galicia dende 1977

Preautonomía

Antonio Rosón Pérez (Unión de Centro Democrático) (1977-1979)

Xosé Quiroga Suárez (Unión de Centro Democrático) (1979-1981)

Autonomía

Xerardo Fernández Albor (Alianza Popular) (1981-1987)

Fernando Ignacio González Laxe (Partido Socialista Obrero Español) (1987-1990)

Manuel Fraga Iribarne (Partido Popular) (1990-2005)

Emilio Pérez Touriño (Partido dos Socialistas de Galicia) (2005-2009)

Alberte Núñez Feijoo (Partido Popular de Galicia) (2009-actualidade)

Para esta andadura créa o novo goberno a primeira Secretaria Xeral de Emigración e con elo formasse o I Consello de Emigración que se celebrou en Santiago de Compostela, deste consello sae a primeira Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas no esterior.

O consello esta formado polos Centros Galegos Sociedades e Casas de Galicia que estan acollidos pola Lei da Galeguidade, e á Comisión Delegada é elexida por votación na réunion do Consello que se célébra cada tres anos.

Presentanse os centros para ser elexidos e saen 4 centros por zona. 4 en Europa, 4 nas Islas e peninsula e 4 por America e Oceania, tamén hai membros natos que son permanentes por ter máis de 50'000 Socios.

O Consello organizase da forma que seguinte. Presidente da Xunta, Secretario Xeral de Emigración, représentante das Universidades Galegas, Consello da Cultura Galega, Real Academia galéga, Membros natos Comisión Delegada, resto de centros coa Galeguidade recoñecida.

No IX Consello 2009. O Pleno renovou a súa Comisión Delegada para o próximo trienio 2010-2012 coa elección dos diferentes delegados.

Os catro representantes de América serán a Hermandade Gallega de Venezuela, con 64 votos; o Centro Gallego de Montevideo, con 58; o Centro Galicia de Buenos Aires, con 53 e a Sociedad Vivero e Comarca de Cuba, con 45.

Por parte de Europa saliron elexidos, A Nosa Galiza de Xenebra, con 12 votos; o Centro Gallego de Hannover, con 12 votos; o Centro Gallego de Londres, con 11; e o Lar Gallego de Rótterdam, con 9 votos.

Por España, estarán a Agrupación Cultural Galega Saudade de Barcelona, con 30 votos; a Casa Galicia de Valladolid, con 23; e a Casa de Galicia de Elgoibar, con 21 no cuarto posto foi para o Lar Gallego de Sevilla.

Unha vez chegados a este estado temos que coñecer a Lei da Galeguidade e as formas de funcionamento interno da Comisión Delegada.

RECORDATORIO :

O Consello da galicia Exterior reunese cada 3 anos o último Consello reuniuse en :

10- .........2012 X Consello,

9- Montevideo Urugüai en decembro do 2009 o cal sería o IX Consello ( Xosé Constenla) delegado

8- Santiago sería o VIII Consello 2006 (Xosé Constenla 2004,1° RLG)delegado

7- Axentina acollia o VII en 2003 ( Suso Baamonde)delegado

6- Santiago de compostela no ano 2000 facía o VI Consello.

5- Ourense no ano 1997 acollería o V pleno do Consello.

4- Lugo ten a honra de acoller o IV Consello en 1994

3- Toxa faciao no ano 1991 para as xornadas do III C. da Galicia

2- Baiona desta vez o II Consello no 1988

1- Santiago ten o previlexio de acoller o I Consello no ano 1985.

A Comisión Delegada reunese cada ano, e tamén o ano que coincide co Consello, no 1983 aprobase a Lei da Galeguidade.

No ano 2010 tivo lugar esta reunión da CD en Santiago de Compostela a cal faría a 30 reunión + ou - .

NORMAS DE FUNCIONAMENTO INTERNO DA COMISIÓN DELEGADA DO CONSELLO DE COMUNIDADES GALEGAS. BORRADOR

ANTECEDENTES LEGAIS.

No artigo 13.2 da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de Recoñecemento da Galeguidade, e no artigo 3 do Decreto 7/1987, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, contémplase a constitución dunha comisión delegada no seo do Consello de Comunidades Galegas.

1.- COMPOSICIÓN.

O Consello de Comunidades Galegas, será o órgano competente para elixir e renovar en forma regulamentaria, á comisión delegada.

A comisión estará composta por:

  • O presidente da Xunta de Galicia.
  • O secretario Xeral de Emigración.
  • Catro vogais representantes dos centros de España inscritos no Rexistro de Comunidades Galegas.
  • Catro vogais representantes dos centros do resto de Europa inscritos no Rexistro de Comunidades Galegas.
  • Catro vogais representantes dos Centros de América inscritos no Rexistro de Comunidades Galegas.

Serán membros permanentes da comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas, as institucións que, tendo recoñecida a súa galeguidade, teñan máis de 50.000 asociados.

Actuará como presidente da comisión, o presidente da Xunta de Galicia ou, se é o caso, o secretario Xeral de Emigración, e como secretario, con voz pero sen voto, un funcionario nomeado polo citado secretario xeral.

O Pleno do Consello de Comunidades Galegas, elixirá e nomeará os vogais representantes das áreas xeográficas na comisión delegada, designando dous suplentes por área.

2.- FUNCIÓNS.

Son competencias da comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas:

  1. Preparar as sesións do Pleno, tanto ordinarias como extraordinarias, fixando as ponencias que se deben estudar e discutir nel.
  2. Someter á aprobación do presidente aqueles asuntos que os membros da comisión consideren que deben ser incluídos na orde do día, tanto do Pleno, como da comisión delegada.
  3. Elaborar a memoria anual que preceptúa o artigo 14 da Lei 4/1983.
  4. Executar as competencias que delegue nela o Pleno ou que lle sexan atribuídas por lei.

NORMAS DE FUNCIONAMENTO INTERNO

1. REUNIÓNS.

Durante o período que dure o seu mandato, a comisión delegada reunirase con carácter ordinario, cando menos, unha vez ao ano e, en todo caso, con carácter extraordinario cando o solicite o seu presidente ou a petición da maioría simple dos seus membros.

As reunións dá Comisión Delegada so poderán asistir os membros da mesma agás que se dispoña pola mesma a designación de expertos para que en calidade de asesores especialistas se incorporen as sesións de traballo, actuando en todo caso con voz pero sen voto.

2. CONSTITUCIÓN.

Para a válida constitución da Comisión Delegada, a efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a presenza do Presidente e Secretario ou no seu caso, de quen os substitúan, e a da metade polo menos, dos vocais.

Se na primeira convocatoria non existira o quórum necesario segundo o disposto no apartado anterior, entenderase convocada a sesión en segunda convocatoria ao día seguinte na mesma hora, coa presenza do Presidente e Secretario e cando menos un terzo dos vocais que forman parte da Comisión.

3. CONVOCATORIA E ORDE DO DÍA

A orde do día e a convocatoria da comisión delegada será fixada, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia, polo secretario xeral de emigración mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.

Á convocatoria das sesións acompañarase a orde do día comprensivo dos asuntos a tratar e o resto da información complementaria sobre os temas que figuren no mesmo.

Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non figure incluído na orde do día, salvo que estean presentes todos os vocais da Comisión Delegada e sexa declarada a urxencia do asunto polo voto favorable da maioría

Entre a convocatoria e a celebración das sesións non poderán transcorrer menos de 15 días agás no suposto de reunións extraordinarias de carácter urxente.

Na orde do día das sesións incluirase sempre o punto de rogos e preguntas.

4. DEBATES

As sesións comezarán coa aprobación da acta da sesión anterior.

En ningún caso poderá modificarse o fondo dos acordos adoptados e só caberá emendar os meros erros materiais ou de feito.

Ao apuntar, en cada acta, a lectura e aprobación da anterior consignaranse as observacións e rectificacións practicadas.

Os asuntos debateranse e votaranse pola orde en que estivesen relacionados na orde do día, salvo acordo en contrario adoptado polos membros da Comisión.

As intervencións serán ordenadas polo Presidente da Comisión e só poderá facerse uso da palabra previa autorización do mesmo.

Os vocais da Comisión poderán en calquera momento do debate pedir a palabra para expor unha cuestión que consideren de interese.

5. ACORDOS

Os acordos adoptados pola Comisión Delegada, serano por maioría simple dos seus membros presentes. Existe maioría simple cando os votos afirmativos son máis que os negativos.

O voto pode emitirse en sentido afirmativo ou negativo, podendo os membros da Comisión absterse de votar.

No caso de votacións con resultado de empate efectuarase unha nova votación, e se persistise o empate, decidirá o voto de calidade do Presidente.

As votacións poderán ser ordinarias ou secretas.

Son ordinarias as que se manifestan por signos convencionais de asentimento, disentimento ou abstención.

A votación secreta tan só poderá utilizarse para temas que fagan referencia a algunha persoa en concreto.

O vogal que disinta da maioría poderá pedir que conste na acta o seu voto negativo.

Cando a comisión delegada faga uso das súas facultades de informe e asesoramento, os votos particulares razoados incorporaranse ao texto do acordo adoptado, e unirase á documentación que se remita ao órgano destinatario.

Os acordos da comisión delegada serán certificados polo secretario e levarán o visto e prace do presidente.

6. AS ACTAS.

De cada sesión que celebre a comisión delegada levantarase acta polo Secretario, que especificará necesariamente os asistentes, a orde do día da reunión, as circunstancias do lugar e tempo en que se celebrou, os puntos principais das deliberacións, así como o contido dos acordos adoptados.

No acta figurará, a solicitude dos respectivos membros do órgano, o voto contrario ao acordo adoptado, a súa abstención e os motivos que a xustifiquen ou o sentido do seu voto favorable. Así mesmo, calquera membro ten dereito a solicitar a transcrición íntegra da súa intervención ou proposta, sempre que a achegue no acto, ou no prazo que sinale o Presidente, o texto que se corresponda fielmente coa súa intervención, facéndose así constar no acta ou uníndose copia á mesma.

Os membros que discrepen do acordo maioritario poderán formular voto particular por escrito no prazo de corenta e oito horas, que se incorporará ao texto aprobado.

Cando os membros do órgano voten en contra ou se absteñan, quedarán exentos da responsabilidade que, no seu caso, poida derivarse dos acordos.

As actas aprobaranse na mesma ou na seguinte sesión, podendo mentres tanto emitir o Secretario certificación sobre os acordos específicos que se adoptaron, sen prexuízo da ulterior aprobación do acta.

Nas certificacións de acordos adoptados emitidas con anterioridade á aprobación da acta farase constar expresamente tal circunstancia.

7. FUNCIONAMENTO

Os vocais membros poderán asumir a representatividade daquelas Comunidades Autónomas ou países que non estean directamente representadas na Comisión mediante acordo expreso validamente adoptado pola mesma.

8. NORMATIVA.

O funcionamento desta comisión quedará suxeito, en todo o non previsto neste regulamento, ás disposicións legais sobre procedemento administrativo en canto lle sexan de aplicación.

Lei 4/1983, do 15 de Xuño, de Recoñecemento da Galeguidade


A comunidade galega está presente non só na súa terra, senón tamén na Galicia da emigración.
O espírito asociativo dos galegos lévanos a constituir fóra de Galicia auténticas comunidades que serven de vínculo de unión e comunión coa terra galega.
Desenvolvendo o artigo 7° do Estatuto de Galicia, a presente lei recoñece ás devanditas comunidades a súa galeguidade, o que posibilita a súa inserción na vida social e cultural do pobo galego, sen que iso implique a concesión de dereitos políticos.
Coa mesma finalidade, procura o impulso da actividade exterior do Estado en orde á articulación de tratados e convenios polos que se tenda a favorece-los fins destas comunidades e as aspiracións dos seus membros.
Polas devanditas razóns, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conforme co artigo 13°, 2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de Febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, veño en promulgar, en nome de El-Rei, a Lei de recoñecemento da galeguidade.


TÍTULO I DA GALEGUIDADE DAS COMUNIDADES ASENTADAS FÓRA DE GALICIA.

ARTIGO 1

Enténdese por galeguidade, ós efectos da presente Lei, o dereito das comunidades galegas asentadas fóra de Galicia a colaborar e comparti-la vida social e cultural do pobo galego.

ARTIGO 2

Son comunidades galegas as entidades asociativas sen ánimo de lucro, validamente constituídas e con personalidade xurídica no territorio en que se atopen asentadas, que teñan por obxecto principal nos seus estatutos o mantemento de lazos culturais ou sociais con Galicia, as súas xentes, a súa historia, a súa língua e cultura, e ás que lles fose recoñecida a súa galeguidade de acordo coa presente lei.

ARTIGO 3

A Comunidade Autónoma galega promove e coordina, respectando as súa autonomía, a participación das comunidades galegas na vida social e cultural do pobo galego, e a tal fin:

Crearánse canles de recíproca comunicación e apoio entre a Comunidade Autónoma e as comunidades galegas asentadas fóra de Galicia, para facer real e efectiva a súa colaboración na vida social e cultural de Galicia.

Nun contexto de colaboración xeral impulsaráse a actividade do Estado español en orde á elaboración e celebración de tratados ou convenios con estados onde existen comunidades galegas de acordo co apartado 2 do artigo 7° do Estatuto de Autonomía de Galicia e sen prexuízo do previsto en materia de relacións culturais no apartado 3 do artigo 34 do mesmo.

Promoveránse acordos ou convenios nos termos do artigo 35, apartados 1 e 2 do propio Estatuto de Autonomía de Galicia.

ARTIGO 4

O recoñecemento da galeguidade produciráse, previa solicitude, por acordo da Xunta de Galicia e dará lugar á inscrición da comunidade no Rexistro das Comunidades Galegas asentadas fóra de Galicia.


TÍTULO II DO ALCANCE E CONTIDO DO RECOÑECEMENTO DA GALEGUIDADE
CAPÍTULO I NA ORDE SOCIAL E CULTURAL

ARTIGO 5

O recoñecemento da galeguidade das comunidades ás que se refire o artigo 2 desta lei, alcanza, na orde social:

a) O dereito á información de cantas disposicións e resolucións se adopten polos poderes da Comunidade Autónoma galega.

b) O dereito a compartiren a vida social galega e colaborar na súa difusión, dentro do territorio de Galicia e no ámbito da propia comunidade que obtivese o recoñecemento.

ARTIGO 6

O recoñecemento da galeguidade das comunidades galegas implica na orde cultural, na forma que regularmente se determine:

a) O dereito a disfrutaren das bibliotecas, recursos e arquivos dependentes da Comunidade Autónoma.

b) O dereito a colaboraren no marco das competencias atribuidas á Comunidade Autónoma nos medios de comunicación social e emisións de televisión dirixidos ós galegos de dentro e fóra de Galicia.

c) O dereito a colaboraren no impulso das actividades culturais e espectáculos orientados a preservar e formenta-lo goce da língua, cultura e tradicións galegas.

ARTIGO 7

A Comunidade Autónoma organizará, a través das comunidades galegas, e coa colaboración de institucións especializadas, servicios didácticos e audiovisuais que faciliten o coñecemento da lingua, cultura e tradicións de Galicia.

Facilitarase ás comunidades galegas a organización de cursos de lingua e cultura galegas.

ARTIGO 8

A Comunidade Autónoma fomentará a creación de prensa e revistas para uso escolar, con especial atención ós fillos dos galegos residentes fóra de Galicia. As comunidades galegas, serán canle para a difusión de tales publicacións.

ARTIGO 9

No marco da cooperación social e cultural coas comunidades galegas, a Comunidade Autónoma fomentará, dentro das súas competencias, a producción, distribución e intercambio de programas de radio e televisión.

ARTIGO 10

A Comunidade Autónoma garantiza a adquisición con destino ás comunidades galegas dun fondo editorial tendente a facilita-lo coñecemento da historia, a arte, a lingua e a realidade social de Galicia.
O Consello de Comunidades Galegas propoñerá á Xunta de Galicia os criterios para a composición e distribubición entre estas do citado fondo.

ARTIGO 11

No marco das competencias da Comunidade Autónoma, a Xunta de Galicia, promoverá, en cooperación coas comunidades galegas, cursos ou ciclos especiais sobre lingua, historia e cultura galegas, tanto na Universidade e institucións docentes e culturais de Galicia, coma nas dos países de asentamento destas comunidades.

ARTIGO 12

A Comunidade Autónoma de Galicia canalizará o exercicio dos dereitos recoñecidos nos artigos anteriores e a colaboración na vida social e cultural de Galicia das comunidades galegas inscritas ó amparo desta lei, garantindo a presencia de representantes das mesmas nos consellos ou institutos da Comunidade Autónoma relacionados coa súa actividade.


CAPÍTULO II DO EXERCICIO DA GALEGUIDADE

ARTIGO 13

Para o cumprimento dos fins establecidos na presente lei, créase o Consello de Comunidades Galegas con carácter deliberante, de funcións consultivas e de asesoramento das institucións da Comunidade Autónoma, na forma que regulamentariamente se determine. Son membros natos do consello:

a) O Presidente da Xunta de Galicia, que o presidirá.

b) Os Conselleiros de Traballo, Seguridade Social e Emigración, o de Cultura e o de Turismo e Deportes.

c) Un representante do Consello de Cultura Galega.

d) Un representante da Real Academia Galega.

e) Un representante da Universidade de Galicia.

f) Un representante por cada unha das comunidades inscritas ó amparo desta lei. No seo do consello consituirase unha comisión delegada que será elixida e renovada por aquel en forma regulamentaria.

ARTIGO 14

O Consello de Comunidades Galegas elaborará anualmente unha memoria na que se dará conta da aplicación efectiva da presente lei e suxerirá á Xunta de Galicia as medidas convenientes para o mellor cumprimento dos seus fins.

ARTIGO 15

Como servicio dependente da Xunta de Galicia crearase o Rexistro de Comunidades Galegas asentadas fóra de Galicia, que será público e terá por obxecto a inscrición, e no seu caso, aanotación do nome, estatutos e ós órganos rectores daquelas, así como das modificacións que se produzan.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

Para o cumprimento dos fins da presente lei, estableceráse unha partida específica nos Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA

Autorízase á Xunta de Galicia para dicta-las normas de desenvolvemento regulamentario da presente lei.


Santiago de Compostela, 15 de Xuño de 1983.