miércoles, 4 de julio de 2007

Cine Club Chano Piñeiro

Neste mes de abril 2007, a nosa Sociedade proxectará a película "1 franco, 14 pesetas" o vindeiro venres 20 as 20h00 na sala Ourense. Esta película narra a historia de dous amigos que emigran a Suíza nos anos 60, unha época difícil en España, en busca dunha vida mellor que se encontra neste caso nun país da Europa do progreso e das liberdades. Alí descubrirán unha mentalidade moi diferente e á que deberán adaptarse. Estes últimos traballaran como mecánicos nunha fábrica e vivindo nun pequeno pobo industrial da Suíza alemana. Logo duns anos, esta parexa de amigos decide voltar pero, sorprendidos , descubren que a volta ó seu propio país é moito máis difícil que a saída.


2007.

No hay comentarios: