lunes, 12 de enero de 2009

Grupo folclórico "A Nosa Galiza de Xenebra"

O folclóre non rexurdía coa forza que A NOSA GALIZA merecía, aínda que xá se intentara en outras ocasións e foi en 1981 cando apareceu o formento que faría levedar e medrar o que hoxe é o grupo folclórico de A NOSA GALIZA que conta con máis de 120 compoñentes, músicos(as) bailadores(as) percusionistas e voces. En 1982 o grupo actuaba en público por primeira vez na festa do XV Aniversario de A NOSA GALIZA, dende entonces o grupo folclórico xa non deixaría as rendas desta forma de representar o noso pobo por medio desta arte. Para que fora posible o que é hoxe, e para que sexa durable foron necesarias instalar bases seguras e precisas para que ó transmitirlle a música ós futuros aprendices, as leccións fósen de boa calidade e desta maneira se poidese presentar como verdadeiro folclóre normativo (e asi poder executar o aprendido con outros grupos). Con este motivo trouxéronse mestres de gaita, percusión, baile e cante de Galicia, os primeiros anos pagados polos membros do grupo e pola Asociación e moi pronto subvencionados pola Xunta de Galicia, A NOSA GALIZA foi pioneira destes cursillos subvencionados pola Secretaría para coas Comunidades Galegas da Xunta de Galicia.

O primeiro curso especial con un mestre deuse en marzo 1986 co director de Cantigas da Terra, durante 30 días, xa o mesno ano en novembro fixose outro de 15 días con tres mestres do mesmo grupo Galego e tamén impartiron cursos en Zurich, Le Locle e Sión, a partir de aquí os anos seguintes xa se fixeron os cursos subvencionados.

O grupo viaxou e actuou en Francia, Belxica, Holanda, Barcelona, Santiago de Compostela, A Coruña, Perillo, A Estrada festival de Callobre, e en Suiza un pouco por todo o territorio. En Barcelona participou no concurso organizado pola Federación de Centros Galegos de Catalunya, neste concurso gañaría en 2007 o segundo premio de bandas e o terceiro de baile.

Tódolos membros, enseñantes, profesores, responsables e colaboradores que ó longo da historia do grupo folclórico de A NOSA GALIZA pasaron por él, merecen un grande respeto e admiración, dende o primeiro ó derradeiro. O grupo folclórico conta cun regulamento interno e un(ha) Responsable xeral un director(a) de música e outro(a) de baile, elexidos polo grupo e aceptados polo comité e pola Asemblea Xeral.

Teremos en conta que antes de formarse o grupo (1975) que chegaría ó día de hoxe, 2009 houbo un grupo de bailes rexionales que recollia danzas de varias zonas de España. Hoxe conta con 9 ensinantes para os 74 compoñentes do apartado música e 8 para os e (as) 84 de baile, aínda que alguns fan varias actividades dentro do grupo como gaita e cante, e tamén os hai que fan tódalas modalidades .

O Comité de A NOSA GALIZA, e os responsables das distintas modalidades de grupos, sentiron que sería xusto adicarlle un día ó noso folclóre e ás persoas que ano tras ano fixeron posible a continuidade ata o día de hoxe. Con éste motivo e coincidindo cos aniversarios de A Nosa Galiza, tamén se celebran os Aniversarios do grupo e sempre que se pode invitase un grupo folclórico de Galicia, polo cal xa teñen actuado grupos e artistas como: Cantigas da Terra, Toxos e flores, o Rei de Viana, Milladoiro, Codigo de Barras, Treixadura, Susana Seivane, Diego Garcia Rodríguez, Tino Baz o cantor do baixo Minho, Xavier Blanco o gaiteiro de Moaña, O regato de Matamulleres, Linho do Cuco , Leilía, e outros.

Podemos escoitar e ver un pequeno video dun ensaio na Praza da Sardaigne en Carouge con motivo da festa do San Xoan 2008, aqui podemos ver a banda casi o completo xa que faltan os Enxebres do Léman. este video vai en honor a todos...


No hay comentarios: