viernes, 31 de agosto de 2007

Evolución histórica da sociedade A Nosa Galiza

Un fato de Galegos a morar en Xenebra, conscientes da significación histórica de Galicia e dos problemas dista terra arestora, soscreben as rellas distes Estatutos, e condín en Xenebra, no ano 1967, a Sociedade A NOSA GALIZA. (Encabezamento dos estatutos)


Foi a finais do ano 1966, cando un reducido número de galegos ós que xa lles megullaba a idea facía un tempo, encabezarían os estatutos desta Sociedade da maneira que vimos de ler neste parrafo anterior. Este reducido grupo reuníase nun bar da praza de Planpalais (Bar de L'Amitie, hoxe desaparecido), e decidiron de facer unha Asociación de Galegos na cidade de Calvin (Xenebra), co gallo de poder pasar as horas de folgueo e falar das cousas que preocupaban naqueles anos ás nosas xentes emigrantes en Xenebra, que aínda non eran moitos por aquelas datas. Para elo basaronse noutros Centros Galegos, xa esistentes con moita idade alo nas americas.
A NOSA GALIZA naceu como pode nacer calquera Asociación da natureza que poidamos imaxinar, aqueles membros fundadores fixeron posible crear robustos alicerces, nos que A NOSA GALIZA de Xenebra asentouse con firmeza, basandose na máis emblemática forma de representar un pobo que é a defensa e o espallamento da súa lingua e cultura, e que o longo destes anos complidos defendeu e defende contra ventos e mareas.
No 1967, a primeiros do ano, na rue de Contamines n° 9a, nun sótano cedido polo Foyer Cervantes, alí formouse o primeiro Comité, e o primeiro traballo sería confeccionar os estatutos da Asociación, ata estes intres a primeira ídea base, fora P.C. de Galicia, que se atopaba oculto polos tempos que corrian. Para éste traballo contouse coa colaboración de persoas como José Àngel Valente, José Fernando Pérez Oya, e outros que traballaron no anonimato, pero o fruto do séu traballo e o feito de contar con xente asisada entre eles, fixo posible a fundación desta Asociación basada no máis profundo sentir da democracia.
Dende o xénese desta Asociación pasaron todo un ramillete de xentes de tódolos rangos, Poetas, Escritores, Doutores, Filólogos, Filósofos, Traductores, Políticos, Abogados, Empresarios, Pintores, Músicos e un etc moi grande de persoaxes, pero sempre contando coa xente de a pé, coas xentes do pobo traballador, nunha verba cos emigrantes, que neses anos e ainda hoxe van e veñen, entran e saen das listas de Membros. Sin contar coa xente traballadora que coloca un ladrillo, un enchufe, limpa, barre, cociña ou fai un correo, non tería motivo esta historia, pois non sería viva e xa estaría apagada antes de encenderse a chama, desta e doutras asociacións ou centros, por eso queremos rendir homaxe e eles nesta historia de A NOSA GALIZA.
Dende o seu comenzo A NOSA GALIZA, organiza toda clase de coloquios literarios, exposicións de pintura, escultura, fotografía, charlas, conferencias, clases de lingua e cultura, teatro, gastronomía, cursos formativos, deportes, festas enxebres e populares, gastrónomicas, folclóricas, asociativas e un longo etc.
No 1968 cambiouse de local, agora sería na rue de la Servette n° 91 contando xá con máis de 80 membros e sería aquí donde comezaria a traxectoria das súas actividades, xa que o contar con máis de 200 m2 de espacio que se foi equipando de bar, cociña, escenario, tv, etc, foi máis doado para os seus membros, que se van multiplicando e participando nas labores de cada día e quitando moitas veces tempo ás familias, para dedicarllo ó espacio que se vai amellorando día a día.
En 1969 publícase o primeiro xornal da Asociación coincidindo co peche de Roixordo. Por éstas datas a emigración de galegos para Suíza fíxose masiva, as xentes que chegaron a Xenebra, foron sobretodo de clase obrera pero sempre apareceu xente máis preparada que estivo disposta a dar tamén parte do seu tempo, para formar e guiar de bon xeito ás direccións e as informaións, desta forma A NOSA GALIZA, medrou en membros e tamén nas súas actividades. Fanse bailes rexionales e coménzase a formar, unha biblioteca que se fundou con uns primeiros exemplares aportados polos membros, que os tiñan nas súas casas e os doaron para a Sociedade e outros que se foron mercando pouco a pouco. Formase tamén unha equipa de futbol que comezou con uns cantos aficionados e foronse multiplicando.
A biblioteca conta hoxe en día con máis de 2.500 exemplares non repetidos e máis de 1.000 en reserva para exposicións e venta, foi nos anos 80 cando tivo a súa actividade máis importante sendo conducida nesas datas por Suso Baamonde, que fixo da biblioteca unha actividade viva funcionando a pleno rendimento, e medrou en cantidade e calidade gracias a selección continua e a exposicións de libros e lecturas nas noites dos xóves, tamén se fixeron dous coloquios Literarios durante oito anos que aparecerá máis adiante. A partir de finais do 90 baixou moito o interes da lectura e a biblioteca ainda que sige aumentando non esta frecuentada como sería o desexo das persoas que se ocupan dela. Suso Baamonde expresa moi ben o movemento desta actividade no escrito que dedicou a ela, e que aparece nesta páxina web no apartado da biblioteca.
As tres equipas de futbol que chegou a haber nas categorías de infantiles, veteranos e élite, este último chegou a terceira liga, ésta actividade durou ata 1997, neste ano por falta de xogadores tívose que dar de baixa da federacion Suíza de futbol, poñendo fin temporal a ésta actividade deportiva na Asociación.
1970 nestes anos a Sociedade pasa polos anos de asentamento e adaptación ós estatutos e éstes ás necesidades Socio-culturales; Entre o 1970 e 1975 fanse actividades de todo tipo, futbol, teatro, conferencias, reponse a biblioteca celebránse os días das letras Galegas, sempre con conferenciantes mandados vir da terra e tamén xente que residian en Suíza; Máis adiante expoñeremos alguns dos nomes destes persoaxes que pasaron por A Nosa Galiza e que non foron poucos.
Entre 1975 e 1980, fórmase unha orquesta, aparece o principio do grupo de gaitas e baile, síguense facendo tódalas actividades e tamén no 1980 se presentan os estatutos da Federación de Sociedades Galegas na Suíza, F.S.G.S. Para formar ésta Asociación de Centros na cal A NOSA GALIZA tivo unha forte representación e unha presencia moi activa durante a súa estancia no seo da dita Federación, da cal deixaría de facer parte en marzo do ano 1989 por motivos axenos. No tempo que A Nosa Galiza fixo parte da Fedración de Centros Galegos en Suíza participou tamén en tódolos actos e actividades como consta na amplia documentación esistente non arquivos da Sociedade. O día no que A Nosa Galiza deixa a Federación faise unha Acta na cal aparecen os motivos polos cales se procede e que son largamente xustificados. Pero ésa é outra historia.
Do 1985 ata 1990. No (1987 Cambiase de locais para a rue de Vermont n° 9a, ésta nova etapa trae para A NOSA GALIZA un aumento de traballos, responsabilidades e novas aventuras e tamén un aumento importante de gastos, pero para os Socios uns novos locais con luz do día e unha superficie de 380 m2, varias entidades e organismos aportaron importantes axudas económicas para que o cambio de locais fose unha realidade, os cales se lle sumarian outros 250 m2 uns anos máis tarde, que farán un total de 630 m2. Os novos locais foron collidos en obra e tódolos traballos foron paliados por Membros voluntarios para restar gastos, aínda así houbo que empeñarse, para presentar os locais os Membros no prazo máis corto posible. Faise a inauguración dos novos locais corespondendo co XX Aniversario da Sociedade. A Nosa Galiza, conserva os locais da rue de la Servette, pero decide de mantelos en aluguer e así gardalos en reserva, devido o futuro incerto da emigración.
Mantívose nos anos 80 un coloquio literario no cal se léron e comentaron varias obras como "O Quixote ou A Rexenta", ésta actividade tibo unha duración de oito anos, donde un grupo de xente se reunía os xoves pola noite para leer e logo deliberar sobre o contido dos párrafos que foran leídos.
1988, Por idea de Xoán Anlló, faise a primeira festa do San Xoán, empezaría no parque da escola de Cropettes, deste parque gárdanse lembranzas moi especiales xa que a festa facíase debaixo das árbres grandes que nos lembraban as carballeiras de Galicia, no segundo ano engadiuselle unha misa de campaña o domingo ao medio día en menoria dos Membros que xa non estan con nós de corpo presente para celebrar estes días. Anos máis tarde no 1995 pasaríase a praza da Sardaigne no Concello de Carouge. Esta festa foi gañando popularidade non solo no ambito da emigración Galega en Xenebra, senón tamén no resto da sociedade Suíza tendo unha afluencia moi importante de visitantes, chegando a ser a festa máis importante da comunidade Galega en Suíza e tamén no resto de Europa, ésta festa intenta gardar as tradicións das festas galegas e presentase no seu tempo de duración que son normalmente tres días en torno as datas do San Xoán (24 de Xuño), nestes días pódense atopar no recinto da festa, comidas tradicionais como, polbo á feira, sardiñas asadas, costilla asada (churrasco), empanadas etc, tamén o folclóre ten un paso importante pola festa do San Xoán donde tódolos grupos da Sociedade e invitados, teñen o seu espacio. Confeccionase dende sempre un libro de publicidades, para axudar os gastos da festa que son moitos, a este libro daselle dende sempre unha impresión diferente, facendoo máis cultural e reservando seis páxinas para presentar literariamente a festividade e o que representan estes días, anunciando na portada a festa co debuxo de Castelao (A fogueira de San Xoan) e na contraportada a dedicatoría e omaxe de A Nosa Galiza o Galego Ilustre que lle correspondan as Letras Galegas do ano en curso.
En marzal do 1988 reedítase a revista de A Nosa Galiza, con historias, relatos, poesias coa frescura do momento e as obras inéditas de autores que sempre tiveron a amabilidade de tender a mán conscientes de que A Nosa Galiza sempre agradecida nunca olvida os seus ben feitores.
Tornou A Nosa Galiza a editar a súa revista en 1990 e en 1993, sempre cheas de novidades e frescura, dende entón a revista dorme no regazo da Sociedade á espera doutro número, pero editouse en 1999 co gallo do Xacobeo"99" as FAÍSCAS XACOBEAS en diferente formato que a revista e curmán no contido, no 2001 A Nosa Galiza fíxolle un homenaxe postumo a José Àngel Valente e tornouse a editar outro libro éste dedicado especialmente a el, o cal se titulou "Homaxe a JOSÉ ÀNGEL VALENTE.
A NOSA GALIZA, participou aportando axuda financieira nestes anos para o desenvolvemento de actividades culturales e homenaxes feitos en Galicia, poñemos por exemplo o 25 aniversario do pasamento de Castelao (Ourense) participouse cunha colecta no desastre do Prestige e na Fundación Galicia, colaborouse desta mesma forma en outros actos en pro da cultura Galega e para grupos folclóricos ou Asociacións ecoloxicas, Fundación Galicia Emigración, etc.
Para máis información, visite a outra paxina en, facebook A Nosa Galiza de Xenebra  

No hay comentarios: