jueves, 6 de diciembre de 2007

Cine Club Chano Piñeiro

O venres 7 e 14 de decembro farase unha proxección da película Sempre Xonxa do realizador galego Chano Piñeiro.

Sempre Xonxa é un filme sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas que viven placidamente na mesma aldea están platonicamente namorados de Xonxa. Pero un dos rapaces, O Birutas, ten que emigrar deixando a Xonxa e a Pancho na aldea. Cando O Birutas regresa da emigración, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada. A inspiración encontrouna Chano Piñeiro nas historias da emigración que oíra relatar no seu Forcarei natal e nas aldeas de Rubillón e Baíste.


A historia abrangue o período que vai de 1947 a 1986 e estrutúrase en catro episodios vencellado cada un a unha estación do ano. A primavera corresponde á infancia, o verán á puberdade, o outono á madurez e á forzada emigración, o inverno á vellez e ó retorno. Trátase dun filme realista, aínda que podemos consideralo encardinado dentro do realismo máximo latinoamericano, onde bebe, seguramente vía Álvaro Cunquiero. Neste sentido, destaca o personaxe de Caladiño que entronca coa Galicia máxica e lendaria dos contos populares.
Con todo o máis salientable do filme concéntrase na súa primeira parte, onde Chano Piñeiro retrata coa mesma mestría que mostrara en Mamasunción o mundo da aldea durante o franquismo.



, 2007

No hay comentarios: