miércoles, 5 de diciembre de 2007

Visita da Coral Polifónica Estradense

Este último luns 3 de decembro, a Coral Polifónica Estradense ofreceu unha pequena mostra do seu repertorio ós socios da nosa sociedade. Este grupo foi fundado en 1969. Está recoñecido como unha das formacións de música tradicional popular máis senlleiras de Galiza. Dirixida por Xavier Comesaña, e de viaxe a República Checa, donde actuarán xunto con outras coraís europeas. Esta coral ten actuado en Galiza e en diferentes paises de Europa e Latinoamérica (Actos do Centenario do Imno Galego no centro Galego da Habana, Cuba).

Un pequeno viño da fraternidade foi servido, a posteriori, donde poidemos conversar sobre a interesante mostra do nivel de Galiza en canto as Coraís Polifónicas do mundo.


2007.

No hay comentarios: