lunes, 10 de septiembre de 2007

Exposición e conferencias sobre "O sistema educativo durante a Segunda República"

Farase durante a semana do 21 de setembro ata o 7 de outubro unha exposición e unha serie de conferencias dirixidas pola Agrupación de Lingua e Cultura Española (ALCE). Estas ultimas tratarán do sistema educativo durante a Segunda República, sistema que quedaría en vigor ata os nosos días. Este esforzo da Segunda República secularizou a escola e a vida docente en xeral, pola defensa do carácter público do ensino e dos principios de universalidade, igualdade, gratuidade e liberdade. Esta exposición e conferencias son a oportunidade de comprender como avanzou a ensinanza e se terminou co analfabetismo na España do século pasado. Este día 21 de setembro, as 19h00, faráse a inauguración deste acto coa distribución dos programas das diferentes conferencias seguido por un viño da fraternidade.





2007

No hay comentarios: