martes, 11 de septiembre de 2007

Historia Gaita

A gaita, considerada como un instrumento de orixen celta, ten unha historia que se presenta máis amplia e complexa do que se pode imaxinar. É un instrumento moi antigo : a sua introducción en Galiza sitúase no ano 2000 antes de Xesucristo. Por eso, entre os instrumentos musicales, a gaita é o clásico de Galiza.

A palabra “gaita” ven do gótico “gaits”, esto é debido a que o fol facíase de pelo de animal. Polo tanto, a palabra “gaita” sería unha mezcla do galego-portugués e do castelán. O principio, a “gaita” sólo era un punteiro ó que se lle añadiu un coiro, xeneralmente de cabra, cosido e pegado por todas partes menos pola correspondente o pescozo do animal, que constituía unha reserva de aire para conseguir un sonido continuo e independente da insuflación do gaiteiro. O ronco, que emite a tónica do punteiro pero duas octavas máis grave, aparece ó arrededor do século IX. Logo se lle añadiron dous paos máis: o chillón e a ronqueta. Non sempre estuveron no lugar no que se encontran actualmente, é decir, unidos ó lateral dereito do fol. Ronco, chillón e ronqueta distinguen e singularizan estéticamente a nosa gaita galega con respecto ás de outras zonas xeográficas e culturales.

A gaita tuvo distintas fases, dende estar condenada pola Igrexia ata estar presente en tódolos acontecementos sociaís e litúrxicos. A gaita vive un forte período de declive dende o reinado dos Reis Católicos ata o resurximento da cultura galega no siglo XIX, en cuxa época alguns gaiteros casi chegaron a equiparse como funcionarios, gozando de contratos de por vida e un gran prestixio profesional. Na época da Guerra Civil Española (1936-1939) víanse tropas de homes tocando a gaita para anunciar a chegada das Forzas Armadas Españolas. Nesa época era o home quen tocaba ese instrumento. Dende a Guerra Civil ata a década dos 70, volve a perder éxito, polo menos oficialmente. Con Franco no poder, todo o que era tradicional (gaita, canto, lengua, carnaval, ...) estaba prohibido porque Franco quería unha España unida. É decir, todo o mundo tiña que cantar na misma lengua, en castelan (e non en gallego). Non se podía tocar a gaita, os que a querían tocar tiñan que esconderse. Despoís da morte de Franco, a política española desenrolouse de maneira máis aberta e pouco a pouco todo o tradicional volviú a surxir na vida dos españoles.

A partir de ahí, volve a popularizarse. É retomada por moitas personas recoñecidas cultural e socialmente, e sobretodo polos xóvenes. Nos años 90, a gaita coñece o seu maior auxe, nunca había gozado de unha aceptación tán grande por tódalas capas sociaís, o seu uso e o seu aprendizaxe fixose multitudinario. O día de hoxe, a gaita é recoñecida internacionalmente e xuntouse a outros instrumentos clásicos, o seu estudio podese facer no Conservatorio. As madeiras que se utilizan para a construcción da gaita son casi sempre de árbores frutales (cerezo, manzano, ...), pero as máis valoradas son as de buxo. Se estudiamos as gaitas antigas, conservadas en museos, podemos observar que a sua construcción tende a “rustica”, seguramente debido o mal estado das ferramentas utilizadas pero non os propios artesáns que demostrarón a sua sabiduría e saber musical. Hoxe en día, as técnicas de construcción e as máquinas utilizadas para a contrucción evolucionaron moito, conseguindo precisións impensables noutras épocas. Pero sin embargo, sigue sendo a maestría do artesán a responsable da bondade do intrumento que constrúe. Se o diseño tradicional da gaita non variou, podense facer axustes en canto os gustos actuales como utilizar materiales nobles como a alpaca ou a prata para los anillados, que se poden tallar, grabar ou incrustar finalmente con nácar, prata e outros elementos naturales ou sintéticos para dar un acabado realmente artístico.


ang, 2007

No hay comentarios: